| Calidade |
|
En HIDROMIÑO, a Calidade e o Medioambiente son considerados como pezas chave da nosa actividade de construcción, e uns factores determinantes para o mantemento e mellora da nosa posición no mercado, polo que todos os nosos esforzos deben ir encamiñados a consegui-la consecución dos nosos obxetivos de calidade e medioambientais que aseguren a eficacia e a adecuación da xestión da organización.
As organizacións que alcanzan o éxito son as que incorporan a xestión da Calidade : desde a súa organización até as relacións cos seus clientes pasando polos seus productos ou os seus servizos. Para Hidromiño certificar o seu sistema de xestión da Calidade segundo a norma ISO 9001 significa o seu compromiso coa Calidade e permitelle medir os seus progresos na mellora continua da sua eficacia.
A sociedade actual posúe unha alta sensibilidade aos temas ambientais. Implantar un Sistema de Xestión Ambiental e certificalo baixo normas internacionalmente recoñecidas como a ISO 14001 é un elemento diferenciador que contribúe a mellorar a imaxe de HIDROMIÑO, comunicando o seu compromiso co medio ambiente. Ao mesmo tempo, unha xestión apropiada de temas medioambientais contribúe positivamente aos beneficios económicos e aumenta a competitividade da empresa.
|

