| Prevención de Riscos |
Hidromiño obtivo o Certificado OHSAS 18001:2007 de Prevención de Riscos Laborais tras superar a auditoría realizada pola empresa SGS ICS Ibérica S.A., unha compañía auditora e certificadora especializada en calidade, medio ambiente, prevención de riscos laborais e seguridade industrial. A Certificación OHSAS (Occupational Health and Safety Assessment Series) é unha normativa desenvolvida por entidades especializadas, e certificada por organismos de normalización internacionais, cuxo obxectivo é mellorar os procesos de xestión empresarial e a seguridade e a saúde laboral por encima dos mínimos esixidos por Lei. Fundado en 1878, o grupo SGS é a maior organización do mundo no campo da inspección e a calidade. Opera en 140 países a través da súa rede de compañías filiais con máis de 850 oficinas, 340 laboratorios e 48.000 empregados. É o líder mundial en Inspección, Verificación, Ensaios e Certificación, e a súa ampla gama de servizos convérteo nunha institución única no seu xénero. O núcleo das súas actividades constitúeno os servizos de inspección e supervisión do comercio internacional de produtos agrícolas, minerais, petróleo e petroquímicos, equipos industriais e bens de consumo. Ao longo dos anos, SGS ampliou as súas actividades cara a campos non dependentes do comercio, como son a certificación de calidade e a xestión industrial. |


Hidromiño obtivo o Certificado OHSAS 18001:2007 de Prevención de Riscos Laborais tras superar a auditoría realizada pola empresa SGS ICS Ibérica S.A., unha compañía auditora e certificadora especializada en calidade, medio ambiente, prevención de riscos laborais e seguridade industrial.